Páxinas
EDNL
Datos personais
A biblioPossumus está facendo un expurgo de libros e queremos darlle unha segunda vida a eses libros polo que en colaboración coa ANPA do cole e a asociación de comerciantes do noso barrio, imos realizar durante uns días unha campaña na que poderemos
cambiar un xoguete por un libro.
Podedes facelo no lecer de Primaria e Secundaria os martes, mércores e xoves dende o 5 até o 21 de decembro, alí estaremos os bibliotecarias/o para axudarvos a elixir libro.
AGARDÁMOSVOS!!!!!
Hoxe visitou a nosa biblioteca nun encontro literario con 2º de Educación Primaria a autora , Beatriz Fraga, o noso alumnado estivo encantado de escoitala.
Celebración do día das Letras Galegas na aula de Audición e Linguaxe, o alumnado fixo un tendal con adiviñas. Quedou moi orixinal!!
Para facer este traballiño, consultaron o libro: "Adiviña esta adiviña" de Antón Cortizas.
Encontro literario co alumnado de 1º de Educación Primaria, recibiron con moita ilusión a Ana Alcolea.