EDNL

EDNL

Bibliotecas escolares

Con la tecnología de Blogger.

SERES MÁXICOS DO NADAL


Dende a BiblioPossumus 

realizamos un proxecto para 

coñecer os seres máxicos que                Pincha aquí para ver a presentación:

aparecen durante estas datas                    SERES MÁXICOS GENIALLY

tan especiais e viven algúns 

lugares de España e tamén 

do mundo.




Decoramos a biblio e as escaleiras 

do cole con bolas de Nadal; nelas 

había pistas sobre seres máxicos e 

tivemos que ir a biblioPossumus       Pincha aquí para ver un pequeno vídeo:

para descubrir o seus nomes, que              VÍDEO COAS ACTIVIDADES

facían e onde vivían, e rematamos 

cunhas manualidades do 

Apalpador o ser máxico galego.



 

Outro ano máis e o equipo da BiblioPossumus dá as grazas ao alumnado, ANPA e profesorado por facer que a campaña de Nadal " Un xoguete por un libro" sexa todo un éxito. 

MOITAS GRAZAS

Podes ver un vídeo coas fotos


Pincha en ENLACE


 A partir de mañá, día 4 de decembro, no lecer do martes, mércores e xoves, na biblioteca comeza a campaña de Nadal deste curso, cambiaremos un libro por un xoguete.

Temos que colaborar todas e todos!!!!!




A biblioteca énchese de rapazas e rapaces de infantil os luns durante o seu lecer, as  súas mestras vanlles contando historias de  elefantes de cores ou de bruxas. E están todos/as moi encantados e encantadas.













 Dentro do Proxecto de ENLAZAVIGO no que participa 3° secundaria quixemos este curso proporcionar recursos nun espazo chamado PUNTO LILA. Este espazo de sensibilización e información a favor da igualdade e contra a violencia de xénero estará aberto todos os días desta semana na biblioteca á hora do lecer.













 O alumnado de Infantil e Primaria do Colexio Possumus  quixo celebrar o DÍA DAS BIBLOTECAS, debuxando a portada do seu libro favorito, neste vídeo amósase o espectacular resultado. 

                        




 A bibliopossumus tivo visita, nesta ocasión o autor de " Papá canibal", Antonio M. Fraga. Que sorte tivemos de charlar con el.










 Visitounos Pere Tobaruela para falarnos do libro Formigas. Foi un grande pracer. 







 Na bibliopossumus temos un libro moi especial para que os/as escritores e escritoras deixen a súa sinatura cunha mensaxe de agarimo. Mirade que bonitas mensaxes deixaron ....




 O alumnado do luns pola tarde na actividade de dinamización da biblioteca confeccionaron un libro xigante, aquí tendes o resultado:





 En 2º de EducaciónPrimaria estiveron traballando o día do Libro en galego e coa uns caligramas , quedáronlle moi, moi bonitos.






 O noso alumnado  traballa nas súas sesións semanais na biblioteca a animación á lectura.











 

A MIÑA PALABRA É...


Para festexar tanto o día do Libro coma o día das Letras Galegas, o Equipo da Biblioteca propón que todo o alumnado elixa unha palabra en galego ; a que máis lle chame a atención ou a que máis lle “chifle” e facer unha actividade con ela : unha frase, un poema, pescudar en que libro se leu, un debuxo, unha adiviña, un conto, palabras que comecen ou rematen igual…

Este é o fermoso resultado




 O alumnado de 2º de Educación Primaria fixeron este precioso traballo co libro :

"Dez gatiñas viaxeiras", dos autores  Eva Mejuto e Víctor Rivas, para festexar o Día da Poesía e ademais de traballar moito tempo na aula quixeron que o recitado das poesías fora na Biblio Possumus.







 A  biblioteca do Colexio Possumus 

tamén quixo conmemorar o Día Internacional da Muller

fixemos un recuncho onde unha rapaza de cada curso quixo poñer o se graniño de area.



FELIZ DÍA DAS MULLERES