EDNL

EDNL

Bibliotecas escolares

Con la tecnología de Blogger.

 A biblioPossumus está facendo un expurgo de libros e queremos darlle unha segunda vida a eses libros polo que en colaboración coa ANPA do cole e a asociación de comerciantes do noso barrio, imos realizar durante uns días unha campaña na que poderemos 

cambiar un xoguete por un libro.

Podedes facelo no lecer de Primaria e Secundaria os martes, mércores e xoves dende o 5  até o 21 de decembro, alí estaremos os bibliotecarias/o para axudarvos a elixir libro.

AGARDÁMOSVOS!!!!!








 Os nosos pequenos do cole, e non tan pequenos, conseguiron o primeiro Pokemón despois de asistir a biblioteca e ler  moito, moito, moito!!!

Noraboa  a tod@s




























Hoxe visitou a nosa biblioteca nun encontro literario con 2º de Educación Primaria a autora , Beatriz Fraga, o noso alumnado estivo encantado de escoitala.



















 Celebración do día das Letras Galegas na aula de Audición e Linguaxe, o alumnado fixo un tendal con adiviñas. Quedou moi orixinal!!

Para facer este traballiño, consultaron o libro: "Adiviña esta adiviña" de Antón Cortizas.


















Encontro literario co alumnado de 1º de Educación Primaria, recibiron con moita ilusión a
Ana Alcolea.


  

 O Colexio Possumus segue coas charlas de divulgación científica, esta vez visitounos Juan Pablo Hervés Beloso, Catedrático da Facultade de Química da Universidade de Vigo, quen compartiu co alumnado de 4° ESO unha charla sobre Nanociencia e nanotecnoloxía.

E que mellor sitio que a biblioteca xeral do colexio para falar de ciencia.

Grazas por achegarnos á ciencia e gozala.