EDNL

EDNL

Bibliotecas escolares

Con la tecnología de Blogger.
lunes, 1 de diciembre de 2025

 Xa é unha tradición que a ANPA,  a BIBLIOPOSSUMUS e o COLEXIO POSSUMUS colaboren co barrio na recollida de xoguetes e realiza a Campaña Nadal de : "un xoguete por un libro", dándolle unha segunda oportunidade para os libros de expurgo da biblioteca. 

Esperemos que este ano sexa outra vez un éxito.  GRAZAS.



 Este mes o alumnado do Colexio Possumus estivo investigando os días mundiais e internacionais do mes de DECEMBRO, elexiron propostas moi interesantes.  

Dende a BiblioPossumus damos as GRAZAS polo esforzo!!!






martes, 28 de octubre de 2025

 No mes no que se conmemora o Día das Bibliotecas o noso centro traballou arreo para investigar as 

Bibliotecas de ASIA.

Aí vai unha escolma dos traballos de E. Primaria, E. Especial, E. Infantil e Audición e Linguaxe. Grazas polo esforzo!!!!!!
Os traballos están expostos no corredor da BiblioPossumus.









sábado, 18 de octubre de 2025

 Xa comezamos o novo curso, e xa hai cursos que estrenan as súas sesións de biblioteca para gozar da lectura, dos xogos e dos contos.





lunes, 23 de junio de 2025

 As nosas  bibliotecarias e os nosos bibliotecarios son persoas voluntarias que fan un traballo moi importante para que a nosa biblioteca a BiblioPossumus, poida abrir no tempo de lecer e polas tardes, que estea ordenada e que haxa orde e que todos e todas saibamos como hai que estar dentro deste espazo tan versátil.

GRAZAS POLA VOSA DEDICACIÓN,

POLO VOSO TEMPO













 O alumnado de 3ºde E. Secundaria do Colexio Possumus puido para asistir a unha formación sobre Radio Escolar na biblioteca do noso centro.

Traballaron  as facetas propias da radio: diseñar as escaletas, locutar e até ser técnicos e técnicas de son.

Escolleron temas moi diferentes para facer o seu 1º programa de radio.

      Pincha no seguinte enlace:    Podcast Secundaria
























viernes, 6 de junio de 2025

 Estas son todas as actividades e proxectos levados a cabo na Biblioteca do Colexio Possumus durante o curso 24-25. Dar as grazas, tanto o alumnado como o profesorado do centro por facer posible que a nosa BiblioPossumus sexa un espazo diverso e dinámico, onde aprender sexa o importante. 

MOITAS GRAZAS.





miércoles, 21 de mayo de 2025

 O alunnado de 2º de Primaria foi a biblioteca, na súa sesión semanal, para presentar os seus traballos polo día das Letras Galegas, obras de Monicreques inventadas por eles. CHULÍSIMO!!!!

Aquí está as súa obras en vídos e fotos:















 Pola commemoración das Letras Galegas 

que, homenaxea ás Cantareiras Galegas

a BiblioPossumus 

organizou un proxecto no mes de maio onde participou 

o alumnado de Infantil e Primaria.

Os de Infantil   foron os encargados de decorar a biblioteca, encheronna con canciños de moitas cores.

Os de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria   prepararon a cantiga " Eu teño un canciño" versionada por Malvela e os de 5º e 6º de Primaria cantaron "Rumba de Lira" a versión de Salvaterra.


Aquí tendes fotos e os audios das cantigas.


Audios:





Fotos: